jueves, 8 de junio de 2017

ONDAS DE ILUSIÓNS - ESCOLAS DO MAR

O pasado martes 6 de xuño, o alumnado de 3º e 4º participamos na campaña Ondas de Ilusións, escola do mar do Grupo de Acción Local do sector pesqueiro do Golfo Ártabro Norte.

 Acompañáronos todo o día dous biólogos mariños que tiñan preparadas para nós unhas actividades moi interesantes: limpamos a praia e clasificamos os residuos (en pouco rato recollemos moitísimas bolsas de lixo!!!!); analizamos e buscamos especies vexetais invasoras; fixemos unha ruta de biodiversidade, na que observamos e anotamos distintos tipos de paxaros. Traballamos moito, aprendemos moito e, o mellor de todo, pasámolo xenial!!!!!!!!!!

 Neste enlace podedes acceder á páxina de ondas de ilusión e buscar as nosas fotos. http://ondasdeilusions.es/

 Tamén vos deixamos, coma sempre, un resumo en imaxes.

miércoles, 24 de mayo de 2017

PROXECTO DE CIENCIAS: XERMINACIÓN DE SEMENTES

As plantas reprodúcense de dúas maneiras: reproducción sexual (mediante sementes) e asexual (mediante cortes).Nas clases de ciencias naturais estivemos a traballar nun proxecto de xerminación de sementes. Ademáis elaboramos un diario de observación das nosas sementes e sacamos conclusións en canto á necesidade que teñen as plantas de luz e auga. Reproduxemos tamén tres plantas escollendo cachos doutras. Este é o noso traballo en imaxes:

viernes, 21 de abril de 2017

ACENTUACIÓN

Unha das maiores dificultades que ten aprender a escribir ben é a acentuación. Pero non vos preocupedes que se practicades moito, chega un momento en que sae só, e xa non o esquecedes nunca mais. Se facedes estes exercicios de cando en vez, aprenderedes xogando. A divertirse!!!

Clasifcación según la sílaba tónicaLa acentuación con Don QuijotePalabras agudas
Resultado de imagen de agudas llanas esdrujulas
Palabras agudasPalabras esdrújulasPalabras llanas
                                                                  

jueves, 20 de abril de 2017

jueves, 6 de abril de 2017

PDI FRAGA DO EUME

Como xa todos saberedes, no noso cole estamos a traballar nun Proxecto Documental Integrado sobre a Fraga do Eume. Enmarcado dentro deste proxecto, o alumnado de 3º fixemos unha saída didáctica a este fermoso lugar. Vimos un video sobre a fauna e a flora da Fraga, e fixemos unha andaina dende a Alameda ata as curripas que hai na outra beira do ría unha vez que pasas a primeira ponte colgante. Aprendemos a identificar algunhas árbores, a recoñecer pegadas e outros rastros dalgúns animais..... Pero sobre todo aprendemos a enorme riqueza natural da nosa Fraga e a que temos que contribuir na súa protección para que todo o mundo poida desfrutala . aquí vai un video do noso paso por este interesante lugar.

lunes, 20 de marzo de 2017

SOCIAIS: O RELEVO E AS PAISAXES

Coma sempre, aquí vos deixo uns videos para ir situándonos e collendo información sobre o novo tema.

viernes, 10 de marzo de 2017

ANIMACIÓN Á LECTURA

Hoxe Alejandro, o bibliotecario municipal, invitounos a visitar a biblioteca e proxectounos un corto precioso sobre a importancia que teñen os libros nas nosas vidas. Gustounos moitísimo. Aquí volo deixo para que o podades ver as veces que queirades e así ir descubrindo novos detalles...

br />

miércoles, 8 de marzo de 2017

8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER







Na nosa escola educamos e medramos en igualdade, non só hoxe senon todos os días do ano.




Aquí vos deixo un par de entradas, sobre as que logo falaremos e debatiremos.



br />


viernes, 3 de marzo de 2017

NATURAIS: OS ANIMAIS

Adentrámonos no apaixoante mundo animal. Podedes ver os vídeos informativos para aprender un pouquiño máis.
Tamén, vos deixo un enlace á mellor serie sobre o mundo animal, "El hombre y la Tierra" Foi rodada por Félix Rodríguez de la Fuente. Preguntádelle aos vosos pais e nais se a coñecen!!! Se vos gustan os animais ides desfrutar moitísimos desta serie. Podedes ver os capítulos que aparecen ou buscar outros escribindo na ventá onde pon "Título". Espero que vos gusten.






Resultado de imagen de el hombre y la tierra

jueves, 2 de marzo de 2017

FESTA DO ENTROIDO 2017

Aquí tedes o resultado do noso traballo en equipo preparando tema, disfraces, cancións, coreografía.... Foi divertido e quedou xenial!!!!