O pasado martes 6 de xuño, o alumnado de 3º e 4º participamos na campaña Ondas de Ilusións, escola do mar do Grupo de Acción Local do sector pesqueiro do Golfo Ártabro Norte.
Acompañáronos todo o día dous biólogos mariños que tiñan preparadas para nós unhas actividades moi interesantes: limpamos a praia e clasificamos os residuos (en pouco rato recollemos moitísimas bolsas de lixo!!!!); analizamos e buscamos especies vexetais invasoras; fixemos unha ruta de biodiversidade, na que observamos e anotamos distintos tipos de paxaros. Traballamos moito, aprendemos moito e, o mellor de todo, pasámolo xenial!!!!!!!!!!
Neste enlace podedes acceder á páxina de ondas de ilusión e buscar as nosas fotos.
http://ondasdeilusions.es/
Tamén vos deixamos, coma sempre, un resumo en imaxes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario